Tuesday 21 de May de 2024

Arredor de 600 crianzas asistiron á mostra de teatro para escolares da Pobra


Inculca-la paixón polas artes escénicas dende idades temperás: este é o obxectivo marcado pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal cunha nova edición da mostra de teatro para escolares desenvolvida nas primeiras semanas de febreiro coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Segundo apunta a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), aproximadamente 600 escolares de distintos graos de ensinanza pasaron polas instalacións do Elma para asistiren ás cinco funcións programadas que concluíron neste día 16 con Marcos Escudero e Con area cousas debuxo.

As outras sesións que integraron o ciclo foron Cantaxoga, de Migallas Teatro; 4 monos, de Tropa de Trapo; H2…OH!, de Ghazafelhos; e Rilla rilla, de Xarope Tulú.